glibenclamida
glibenclamida
Nome científico:
[gliburida:C<sub> 23</sub> H<sub> 28</sub> ClN<sub> 3</sub> O<sub> 5</sub> S]
s
f
[QUÍM]
Substancia que pertence ao grupo das sulfonilureas e que ten acción hipoglicemiante que se debe, polo menos inicialmente, a unha estimulación da secreción pancreática da insulina. Absórbese completamente por vía oral e o máximo nivel plasmático conséguese ao cabo de catro horas. En medicina emprégase como hipoglicemiante oral na diabete que comeza na idade adulta.