glicerol
glicerol
(
s
m
[BIOQ]
Triol alifático máis sinxelo; é un líquido incoloro, viscoso, de sabor doce, soluble en auga, pero insoluble en éter. O glicerol é un dos compoñentes orgánicos máis importantes que se atopa na natureza, nos aceites e en forma de glicéridos nas graxas animais e vexetais. Obtense por hidrólise dos aceites e das graxas, por fermentación de azucres, industrialmente como subproduto da fabricación de xabóns, e por síntese a partir do propileno. Emprégase como solvente, humectante, plastificante, anticonxelante, emoliente, na fabricación de explosivos (nitroglicerina), resinas alquílicas, produtos cosméticos e preparados farmacéuticos. Tamén recibe o nome de glicerina.