gliconeoxénese
gliconeoxénese
(< glico- + neoxénese)
s
f
[BIOQ]
Proceso de formación de glicosa a partir de substancias que non son carbohidratos, particularmente proteínas e graxas. En condicións normais só ten lugar, no fígado e na codia do ril, cando as reservas de glicóxeno hepático acaban. Segue o camiño inverso da glicólise, dende o piruvato á glicosa, e emprega coma precursores o lactato, o piruvato, os aminoácidos, o glicerol ou intermediarios do ciclo de Krebs. É unha ruta metabólica que necesita a contribución do ATP.