glicóxeno -na
glicóxeno -na
(< fr glycogène)
-
adx
Que produce azucre.
-
s
m
[BIOQ]
Polisacárido que se atopa nos tecidos animais, fígado e músculo, especialmente, e en diversas células como substancia de reserva; tamén aparece en levaduras pero nunca en plantas verdes. É un polímero da glicosa, moi ramificado, soluble en auga. É a forma en que os tecidos animais almacenan máis enerxía, por iso cando o animal necesita glicosa, obtena a partir do glicóxeno acumulado; a activación deste débese á adrenalina e ao glucagón, responsables do aumento da glicemia. A diminución da glicemia prodúcea a insulina. Tamén recibe o nome de amidón animal.