glifosato

glifosato
Nome científico: [N-(fosfonometil)glicina]
s m [QUÍM/AGR]

Composto químico organofosforado que actúa coma herbicida. O seu mecanismo de acción é interferir a síntese de enzimas. Autorízase sobre monocotiledóneas anuais e perennes e tamén sobre dicotiledóneas en cultivos de cereais de inverno na presementeira, pasto, froitais, oliveira, viña e forestais. Catalógase coma de baixa perigosidade para o home, o seu prazo de seguridade é de 21 días. Tamén recibe o nome de glifosat.