Globigerina
Globigerina
[PROTISTA]
Xénero de protozoos, da orde dos foraminíferos, de forma globosa, que conta cunha cuberta calcaria constituída por lóculos esféricos distribuídos en espiral irregular. As cubertas destes protozoos constitúen unha parte importante da lama abisal.