glomal

glomal

(< lat científico Glomus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás glomais.

  2. s f [FUNGO]

    Fungo da orde das glomais.

  3. s f pl [FUNGO]

    Orde da clase dos cigomicetos que comprende fungos onde a maioría son endosimbiontes obrigados das raíces de plantas vasculares. Estes fungos establecen simbiose coa maioría das plantas terrestres, fundamentalmente herbáceas, o que facilita o intercambio de produtos de fotosíntese, fósforo, potasio, etc, entre ambos os dous.