glosemática
glosemática
(< grγλωσσηματικός, de γλώοσημα ‘glosa’, de γλῶσσα ‘lingua’)
s
f
[LING]
Corrente lingüística inspirada por L. T. Hjelmslev e os seus colaboradores, V. Brøndal e H.J. Ulldall cara a 1931. O modelo glosemático concibe a lingua como un texto infinito a partir da combinación dun inventario finito de elementos formais. Sobre esta base proponse determinar a estrutura de cada lingua a partir das modalidades funcionais das invariantes sen ter en conta factores externos á gramática.