glute
glute
(< lat gluten ‘cola’)
-
s
m
Calquera substancia adhesiva que pode servir para unir unha cousa a outra.
-
s
m
[BIOQ]
Substancia proteica do trigo presente no endosperma dos grans de amidón. Está formado por dúas proteínas, a glutenina e a gliadina. Unha vez que se separa da fariña, emprégase para reforzar a proteína doutras fariñas ou para conseguir hidrolizados de proteína de uso alimentario. En persoas predispostas é a causa da enfermidade celíaca ou celiaquía, situación que require como tratamento unha dieta exenta desta substancia.