gnomo
gnomo
(
-
s
m
[MIT]
Ser fabuloso da mitoloxía nórdica, que segundo os cabalistas vive nas partes interiores da Terra e das montañas. Segundo a tradición popular presentan figura de anano barbudo, de trazos rudos e grotescos; algúns posúen orellas grandes e aguzadas e gran cantidade de pelos no corpo. Ao igual ca os grifóns e os dragóns teñen a misión de custodiar os minerais e os tesouros ocultos. Viven arredor de cen anos e chegan a constituír familias. Gustan da comida e de facer brincadeiras, como esconder obxectos. Por estaren próximos aos humanos, presentan tamén actitudes propiamente humanas; cando confían nas persoas tórnanse fieis e grandes protectores.
-
s
m
[LIT]
Xenio ou anano dos contos infantís.