goberno
(< gobernar)
-
-
s
m
Acción de gobernar ou gobernarse.
Ex: O goberno deste país é unha dura tarefa. Desatendeu o goberno da casa durante a súa enfermidade. Non conseguiu o título esixido para o goberno de embarcacións de recreo.
-
s
m
Forma de gobernar.
-
goberno absoluto
Goberno no que todos os poderes se reúnen nunha soa persoa ou corpo, sen ningunha limitación.
-
goberno parlamentario
Goberno no que concorre a nación, por medio dos seus representantes, na formacións das leis.
-
goberno totalitario
Réxime autoritario, no que o individuo está subordinado ao estado.
-
s
m
-
s
m
Conxunto de persoas que exercen cargos executivos nun territorio determinado.
-
s
m
-
Cargo e dignidade de gobernador.
-
Edificio ou oficina do gobernador.
-
-
s
m
[MAR]
Técnica empregada para dirixir unha embarcación, mediante a manobra combinada do temón e as velas para manter o equilibrio da ruta.
Refráns
- Cando a cabeza anda ao revés, ¿que farán os pes?
- Cando teñas o mando e o pau, non fagas todo o que che se veña á mau.
- Catro nádegas non caben nun trono real.
- Con pelos e cantar e latricar, mal se goberna o lar.
- Fun á casa allea e avergonceime; volvín á miña e goberneime.
- Non sabe gobernar, o que non sabe negar.
- Non serve para gobernar, o que non sabe mandar.