Godoi
Godoi
-
[ONOM]
Apelido que procede dun antropotopónimo (villa Gotoni), que aínda existe como topónimo. É frecuente velo grafado con y (Godoy).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe nobre que se estableceu en Tenorio (Cotobade) e que na Idade Media pasou a Extremadura e a Andalucía. O primeiro cabaleiro coñecido desta familia foi Rodrigo Afonso Godoi (s XII), señor da casa de Godoi. Dos membros desta casa destacaron Xosé Antonio de Godoi e Ponce de León, conde de Baldegrana e señor da Barquera e Manuel de Godoy y Álvarez de Faria, valido de Carlos IV. Nos tratados heráldicos, esta liñaxe trae por armas: escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de azul; bordo de goles con oito aspas, de ouro.