gogynfeirdd*
gogynfeirdd*
s
m pl
Nome co que se coñecen os bardos da corte do príncipe de Gales, que tiveron o seu auxe entre os ss XII e XIV. Formaban un estamento claramente definido na sociedade galesa e entre eles existía unha xerarquía de diversos graos de acordo co dominio de recursos técnicos e formais, que requiría unha longa aprendizaxe. A súa poesía adoitaba ir acompañada de música e consistía en cantos patrióticos, relixiosos ou amorosos.