Goiáns

Goiáns
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, catro faixas ondadas de azul. Algúns levan, en campo de prata, unha serea sostida en ondas de azul e prata, en punta. Outra variante ostenta, en campo de ouro, dúas aciñeiras de sinople, colocadas en faixa e un lobo andante de prata, linguado de goles, entre os seus troncos. Adoita aparecer castelanizado coa forma Goyanes.

Palabras veciñas

Goiânia | Goiáns | Goiáns | Goiáns | Goiáns, pazo de | Goiás | Goiás