Golgi, aparato
Golgi, aparato
[BIOL]
Conxunto de orgánulos situados no citoplasma celular, preto do núcleo, nas células animais e nalgunhas vexetais. Foi descuberto no ano 1898 por C. Golgi. Os ditiosomas están formados por un montón de sáculos aplanados, que nunca se envolven de ribosomas. Dos sáculos dos ditiosomas emítense gránulos de secreción de natureza glicídica, proteica ou glicoproteica. A síntese dos glícidos ten lugar no mesmo aparato de Golgi. No caso dunha secreción proteica, o ergastoplasma sintetiza as proteínas pero estas transportaranse nos sáculos de Golgi; no caso dunha secreción glicoproteica, o aparato de Golgi sintetiza a metade glicídica da molécula. Tamén recibe o nome de complexo de Golgi.