gollakalapam*
gollakalapam*
s
[ESPECT]
Xénero teatral hindú creado a finais do s XIX no estado de Andhra Pradesh, a partir de formas teatrais e de danzas realizadas por mulleres que pertencían ás familias da corte e derivado doutro xénero anterior, o kuchipudi. Etimoloxicamente, o xénero fai referencia a un diálogo ou debate entre mulleres, e adoitaba mesturar danza, música e recitados poéticos dialogados. Consistía nun espectáculo que se representaba durante toda a noite e que continuaba durante tres veladas consecutivas.