goma
(< lat v *gŭmma, decummi < gr κόμμι)
-
[QUÍM]
-
s
f
Calquera das substancias de alto peso molecular que teñen a propiedade de inflarse en contacto coa auga e de formar masas xelatinosas ou solucións coloidais viscosas. Están constituídas fundamentalmente por sales neutros de ácidos orgánicos complexos, que se forman pola unión de distintas “osas” (hexosas, pentosas, metilpentosas) con ácidos úricos (glucurónico). As gomas son substancias amorfas, transparentes ou opacas, e empréganse como produtos de base para ungüentos, cremas e dentífricos e, sobre todo na industria alimentaria, convenientemente purificadas, como aditivos alimentarios texturizados (espesantes e estabilizantes).
-
goma laca
Substancia resinosa de cor vermella, procedente dalgunhas árbores da India. En disolución co alcohol emprégase como verniz de mobles e da madeira en xeral.
-
goma resina
gomarresina.
-
s
f
-
s
f
[QUÍM]
caucho.
-
-
s
f
Calquera obxecto fabricado con caucho ou calquera outro material elástico.
-
s
f
Substancia feita a base de caucho que se emprega para borrar. Tamén se denomina goma de borrar.
-
s
f
condón.
-
goma de mascar
Lambetada, en forma de pastilla ou de bóla, formada por unha base mastigatoria plástica e azucres, aromatizantes, colorantes e outros ingredientes. A base mastigatoria está constituída por gomas e resinas, naturais ou sintéticas, bálsamos, graxas ou ceras.
-
s
f
-
s
f
[XOGO]
Xogo de nenos que consiste en saltar sobre unha tira elástica, sostida por dous xogadores facendo figuras cos pés mentres a sosteñen.
-
s
f
[BOT]
Exsudación das árbores, xeralmente de orixe patolóxica.
-
s
f
[PAT]
Produción mórbida en forma de tumefacción limitada. Desígnase desta maneira a causa da súa consistencia e polo líquido que ás veces se desprende, de aparencia gomosa. A palabra empregouse inicial e especialmente para designar certas lesións da fase terciaria da sífilis.