gomarresina

gomarresina

(< goma + resina)

s f [QUÍM]

Cada un dos produtos que segregan algúns vexetais. Está constituída por unha resina e aceites esenciais. A goma pode ser total ou parcialmente soluble en auga, pero deixa intacta a parte resinosa. Esta parte disólvese en alcohol etílico, que non ataca a goma. Entre as gomarresinas máis importantes existen o gálbano, a mirra e o incenso. Tamén se denomina goma resina.