gonadotropina

gonadotropina

(

  1. s f [BIOQ]

    Nome xenérico das hormonas que estimulan a actividade reprodutora das gónadas. A maioría destas hormonas prodúcense na adenohipófise. As gonadotropinas inclúen a hormona estimulante do folículo (FSH) e a hormona luteinizante (LH). Tamén recibe o nome de gonadotrofina ou hormona gonadotropa.

  2. gonadotropina coriónica [BIOQ]

    Hormona que produce a placenta dos mamíferos superiores despois da fecundación; a súa acción é a de manter a actividade do corpo lúteo ata que a placenta estea en condicións de suplir a súa función. O descubrimento de grandes cantidades de gonadotropina coriónica humana (hCG) nos ouriños da muller é a base das probas biolóxicas de embarazo.

Palabras veciñas

Gomphus | gónada | gonadal | gonadotropina | gonadotropo -pa | gonartrite | Gonâve, golfo da