Gondar, casa de
Gondar, casa de
Antiga fortaleza situada en Gondar (Sanxenxo) e construída no s XII. O seu fundador foi Diego Arias González de Deza. Foi señorío de Paio Gómez Charino e, posteriormente, feudo de María Álvarez e Diego Álvarez de Sotomayor. Destruída parcialmente durante o conflito dos Irmandiños no s XV, derrubouse a comezos do s XVI por orde de Fernando de Acuña, capitán xeneral de Galicia. O morgado de Gondar fundouno Luís Bermúdez de Aldao, ou de Castro, en 1545. Non se conservan restos da mesma, aínda que, por descricións antigas, se sabe que tiña unha torre illada, un portal con ameas e unha casa con seteiras e grande escaleira.