gonfalón

gonfalón

(< ital gonfalone‘estandarte’)

  1. s m [HIST]

    Estandarte usado como insignia de guerra durante a Idade Media.

  2. s m [HIST]

    Estandarte ou bandeira que pende dun pao traveseiro e que se empregaba como insignia dunha confraría, dun gremio ou dunha corporación. Xeralmente é dúas veces máis longo ca ancho e acaba en punta.