GOP
GOP
[polaco: Górnośląski OkrĘg Przemyslowy] Rexión industrial da Alta Silesia que ocupa uns 2.050 km2 e ten aproximadamente un millón e medio de habitantes. Está constituída polas cidades de Katowice, Sosnowiec, Chorzów, Bytom, Ruda Ślaşka, Zabrze e Giliwice, situadas nunha importante conca hulleira.