Gordius
Gordius
[ANIMAL]
Xénero de vermes, da orde dos gordioides, que poden acadar o metro de lonxitude, de cor pardenta, moi delgados e que poden enrolarse sobre si mesmos formando nós. Viven en augas doces. A especie máis común é G. aquaticus.