Gorxias
Gorxias
[LIT/FILOS]
Diálogo de Platón escrito ao redor de 393 a C en que defendeu a doutrina socrática sobre o diálogo como procura do que debería ser a vida. Ao mesmo tempo atacou os sofistas, en especial a Gorxias, que defendían a retórica e a elocuencia e ensinaban estas disciplinas a cambio de diñeiro, e os atenienses interesados nos cargos políticos. Para Platón, os sofistas non chegaban á verdade nos seus discursos, senón que só utilizaban a retórica como técnica para destruír os seus adversarios, feito que demostra que a retórica pon máis énfase na persuasión ca na verdade. Trátase dunha crítica ao relativismo dos sofistas e ao seu escepticismo, fronte ao absolutismo moral de Sócrates e do mesmo Platón.