Gosudarstviennij Èrmitaž
Gosudarstviennij Èrmitaž
Museo situado en San Petersburgo. Creado para gardar as coleccións de Catarina II, o seu nome procede dun pequeno pavillón construído no Palacio de Inverno, o pequeno Èrmitaž, e en 1787 incorporouse a un novo edificio, o vello Èrmitaž. Tralo incendio de 1837 do Palacio de Inverno, reconstruíuse e abriuse ao público en 1852. En 2000 levou a cabo un proceso de expansión que propiciou a instalación de salas permanentes na Somerset House de Londres e a creación do Museo Guggenheim- Èrmitaž en Las Vegas. Os fondos divídense nas seccións de cultura primitiva, cultura dos países do Próximo e Extremo Oriente, cultura grecorromana, cultura eslava, arte occidental e numismática.