Gracias

Gracias
[MIT]

Cada unha das divindades latinas da beleza e da alegría, fillas de Zeus e Eurinome (ou Hera), que en orixe debían ser potencias da vexetación. Coas Musas formaban parte do séquito de Apolo; correspóndense coas carites gregas. Eran coñecidas como Eufrosine, Talía e Áglae, e representábanse en forma de doncelas vestidas, abrazándose ou dándose a man. Posteriormente, tanto na escultura (Escopas, Praxíteles) como na pintura, represen- táronse como figuras núas, portando atributos musicais ou florais. Destacan, entre outras representacións, as de S. Boticelli, Raffaelo, H. Baldung, Tintoretto, T. Zucaro, P. P. Rubens, G. Pilon, A. Canova, B. Thorvaldsen e J. J. Pradier.

Palabras veciñas

Graciano | Graciano, Flavio | graciar | Gracias | Gracias a Dios | Gracias a Dios | Graciela