gradella
gradella
s
f
[PESCA]
Aparello de pesca consistente nunha especie de angazo propio para a pesca de pintos e maragotas. Está formado por unha armazón de madeira na que se envolve o fío e que leva no extremo un pandullo do que saen dúas tanzas con cadanseu anzol.