gradiente

gradiente

(< 2 grao)

  1. s m [MAT/FÍS]

    Dada unha función f derivable e definida nunha rexión do espacio O3, función vectorial (grad f ou 6 f) que se define pola fórmula


    FORMULA


    En cada punto, é un vector perpendicular á superficie f, que é constante, que pasa polo punto onde se calcula. Por extensión, denomínase gradiente dunha función nunha dirección (ou derivada direccional) á proxección do vector gradiente e naquela dirección.

    1. s m

      alor numérico que expresa a variación que experimenta a presión, a temperatura, a precipitación ou calquera outra variable en función da altitude ou da distancia (horizontal ou vertical).

    2. gradiente adiabático

      ariación da temperatura a causa da dilatación do aire que está en función da altura. No aire que non acadou a saturación hai gradiente adiabático de 1° cada 100 m; no aire húmido o gradiente é de 0,5° cada 100 m; o gradiente superior a 1 cada 100 m chámase superdiabático e dáse na vertical dos solos sometidos a forte radiación solar.

    3. gradiente barométrico de altura

      Altitude que se necesita para que se dea un descenso de presión de 1 mm.

    4. gradiente horizontal de presión/bárico/barométrico

      Diferencia de presión que hai entre dúas isóbaras contiguas. Mídese en milibares por grao de meridiano.

    5. gradiente pluviométrico

      ariación da cantidade de precipitación coa distancia horizontal e vertical. A precipitación aumenta coa altura ata chegar a unha cota máxima, ou óptimo pluviométrico, a altitudes que varían coa latitude.

    6. gradiente térmico horizontal

      Descenso da temperatura do aire en función do aumento da latitude.

    7. gradiente térmico vertical/de estado medio

      ariación media de temperatura do aire en función da altura (unha media de 0,65° C por cada 100 m). Mantén a constante ata a troposfera e máis aló non se altera a temperatura. Pode alterarse por causa da inversión térmica e do ascenso vertical de masas de aire con diferente temperatura e humidade.