graduación
graduación
(
-
s
f
Acción e efecto de graduar ou graduarse.
-
s
f
Número de graos que ten algo, especialmente as bebidas alcohólicas.
Ex: O viño que puxeron na cea tiña moita graduación.
-
s
f
[EDUC]
Método educativo que agrupa os alumnos en seccións máis ou menos homoxéneas para que todos os seus compoñentes sexan capaces de asimilar as mesmas ensinanzas. Aparece dunha maneira clara no s XIX coa escola graduada. Hai que sinalar que múltiples investigacións pedagóxicas teñen posto de relevo as limitacións deste proceso metodolóxico, e por isto hoxe téndese a matizar esta metodoloxía facendo valer o principio da individualización didáctica.
-
s
f
[BÉL]
Categoría dun militar no exército ao que pertence.