graffiti*
-
s
m pl
[PALEOG]
Inscrición, xeralmente en cursiva, ou debuxo trazado sobre monumentos antigos, paredes ou pedras cun punzón metálico ou con outro instrumento gráfico. Tiñan contido satírico e facían alusións a protestas, motivos políticos e outros asuntos. Destacan os de Pompeia e os realizados no Renacemento.
Sinónimos: grafito. -
s
m pl
[ARTE]
Inscrición ou debuxo feito sobre muros ou outros soportes de espacios públicos. Fanse con instrumentos que permiten unha grande espontaneidade e rapidez na súa execución. Os seus motivos son a expresión política e ideolóxica, a exhibición da propia personalidade e a decoración. A súa difusión tivo lugar en Nova York, onde se converteron na expresión dun conxunto máis amplo denominado hip-hop. Neste medio formáronse, entre outros, Keith Haring e Jean-Michel Basquiat.
Sinónimos: grafito.