Gráfica
Gráfica
[PUBLIC]
Revista editada pola Asociación Galega de Deseñadores Gráficos, Ilustradores e Directores de Arte (AGG) na Coruña a partir de xaneiro de 1987. Subtitulouse “Publicación de Deseño Gráfico e Comunicación Visual”. Trátase dunha revista informativa, cun formato novidoso en forma de triángulo, que incluía diversas seccións relacionadas con proxectos, concursos e normativas.