grafismo

grafismo

(< grafo- + -ismo)

s m [GRÁF/ARTE]

Especialidade das artes gráficas na que se atende dunha maneira particular ás técnicas e á composición de elementos gráficos que interveñen na páxina impresa e en todos os procesos de reprodución e estampación directamente relacionados. Ten a súa orixe no debuxo litográfico, o retoque e a ilustración publicitaria. No eido das belas artes aplícase ao predominio da liña e do ton sobre a cor nos debuxos e nos distintos tipos de estampas gravadas. Despois do cubismo, foron o construtivismo, o dadaísmo, De Stijl, a Bauhaus e a escola de Basilea os movementos que, entre 1920 e 1930, fixeron triunfar un novo grafismo caracterizado polas composicións macizas, as letras en pau seco, a revalorización dos espacios brancos e a manipulación fotográfica da ilustración. En EE UU naceu unha corrente gráfica en que a fotografía e a ilustración acadan o primeiro termo. Tamén se denomina deseño gráfico.

Palabras veciñas

grafila | grafilado | grafio | grafismo | grafista | grafitación | grafitar