grafoloxía
grafoloxía
(< grafo- + -loxía)
s
f
[PSIC]
Estudio do carácter dunha persoa a través da súa escritura. Baséase no principio de que certos movementos físicos do home se relacionan coas súas disposicións psíquicas. Todos os impulsos que proceden do cerebro dan unha resposta muscular que condiciona á man a uns trazos concretos. Pódese interpretar a escritura cun conxunto de trazos con interrelacións dinámicas. Considérase como o creador da grafoloxía o francés Jean-Hippolyte Michon (1806-1881), pero quen lle deu un impulso definitivo foi Jules Crépieux-Jamin (1859-1940), quen distinguiu sete xéneros gráficos fundamentais (velocidade, presión, dirección, dimensión, continuidade, forma e disposición) e unhas cento setenta e cinco especies.