1 gran

1 gran

(

  1. s m [BOT]
    1. Froito ou semente dos cereais.

      Ex: Bótalle uns grans de millo ás galiñas.

    2. Semente doutros froitos, redondeada e sen casca.

      Ex: Cando foron de viaxe trouxéronme estes grans de café.

    1. s m [BOT]

      Cada un dos froitos ou sementes que forman parte dun agregado.

    2. gran negro AGR [AGR]

      Variedade de uva tinta.

    1. s m

      Parte ou porción redondeada e moi pequena de algo.

      Ex: Ten os zapatos cheos de grans de area.

    2. s m

      Forma de agregación das partículas constituíntes dunha substancia que determina a maior ou menor dureza ou aspereza ao tacto.

      Ex: Unha pedra de gran fino.

    3. s m [IND]

      Cada un dos cristais poliédricos, normalmente visibles ao microscopio, que forman a estrutura policristalina dun metal ou dunha aliaxe. Cada gran fórmase a partir dun núcleo de cristalización e crece en todas as direccións e cunha única orientación dos átomos. Segundo o proceso de formación, os grans poden prolongarse nunha dirección preferente (grans alongados), poden presentar unha forma máis ou menos regular (grans equiaxiais) ou poden ser completamente irregulares.

    4. gran de pedra [CONSTR]

      Pedra moída que se emprega para facer o estuco.

  2. s m
    1. Cada unha das desigualdades saíntes, comparables a pequenos grans, dunha superficie.

    2. [BIOL]

      gránulo.

    3. [PAT]

      Pequena tumoración vesicular ou papulosa da pel, normal ou patolóxica, que polo seu aspecto recorda as sementes dos cereais. Denomínanse grans amarelos os que se atopan dentro do pus e nos cultivos de actinomicose.

  3. s m [NUMIS]
    1. Unidade de conta siciliana empregada na Idade Media e que en 1222 valía 1/600 dunha onza de ouro.

    2. Moeda napolitana de prata cuñada durante o reinado de Filipe II.

    3. Moeda siciliana de bronce cuñada en Messina e máis tarde en Palermo que desapareceu trala unificación de Italia.

    4. Moeda napolitana de bronce cuñada durante o reinado de Filipe IV.

  4. s m

    Medida de peso que correspondía á vintecatroava parte do denario.

  5. s m

    Cuarta parte do quilate, que se emprega para medir a lei ou fino, cantidade de metal precioso, nunha liga de ouro.

  6. s m [IND/ARTE]

    Aglomerado de partículas de prata reducido polo revelado. As emulsións rápidas e os papeis contrastados ofrecen un gran máis groso ca as emulsións lentas e os papeis suaves.

  7. gran angular [IND/ARTE]

    Obxectivo de focal curta extrema.

  8. gran de Baily/de rosario [ASTRON]

    Aspecto que presenta a estreita porción luminosa da superficie solar ao final ou ao principio da fase de totalidade dun eclipse solar. Esta serie de grans brillantes observounos Baily en 1836.

Formas incorrectas

grao