Grand Tour*
Grand Tour*
Nome co que se coñecía a viaxe que realizaba, en compañía dun titor, un gentleman inglés no s XVIII, principalmente por Francia, os Países Baixos e Italia. Considerada necesaria para a súa educación, tiña unha duración dun ano. Contribuíu á creación de numerosas coleccións artísticas e á expansión do neoclasicismo e do palladianismo.