granuloma

granuloma

(< gránulo + -oma)

  1. s m [PAT]

    Lesión que se produce por reacción dos tecidos orgánicos diante da presencia dun axente potencialmente nocivo, coa finalidade de illalo e destruílo. Entre as enfermidades que poden producir granulomas están a tuberculose, a asperxilose, a histoplasmose, a lepra, a sífilis ou a sarcoidose.

  2. granuloma anular [PAT]

    Lesión cutánea de nódulos duros e vermellos dispostos en forma de anel.

  3. granuloma dentario [PAT]

    Granuloma que se desenvolve na raíz dos dentes, que pode conter colonias de bacterias.

  4. granuloma eosinófilo [PAT]

    histiocitose.

  5. granuloma venéreo/inguinal [PAT]

    Enfermidade que afecta á pel e aos ganglios linfáticos da área xenital e perianal, de transmisión sexual e de carácter crónico e ulceroso. O axente causante é a bacteria Calymmatobacterium granulomatis, que se denomina tamén Donovania granulomatis en recoñecemento ao médico irlandés Charles Donovan (1863-1951), que foi o primeiro en describir a enfermidade. É unha enfermidade que afecta sobre todo aos países tropicais.