granxa
(
-
-
s
f
Propiedade rural dedicada á explotación agrícola e gandeira e onde se encontra a vivenda, as cortes e os pendellos.
Ex: Compraron unha granxa na montaña.
-
granxa colectiva
Explotación agrícola creada nos réximes socialistas mediante a expropiación ou nacionalización da propiedade privada. Afecta ás grandes extensións de terreo.
-
granxa do pobo
Explotación agrícola cubana de carácter estatal que xurdiu seguindo o modelo das granxas estatais da URSS. Teñen carácter extensivo e a produción pode ser mixta ou só dedicarse á gandería.
-
granxa escola
[EDUC]
Escola ou centro educativo no que a inserción, no contorno natural e agrícola, como motivo de estudo de investigación e aprendizaxe, cobra un destacado protagonismo dentro do conxunto das súas actividades formativas. Nela combínanse as clases teóricas e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos na aula. Neste tipo de centros foméntase a educación colectiva e comunitaria e as prácticas realízanse in situ nos campos que a rodean. En Galicia é dastacable a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros de Ortoá (Sarria, 1948).
-
granxas monacais
[HIST]
Explotacións rurais dependentes dun mosteiro principal nas que residía unha pequena comunidade de monxes dedicada ás tarefas agrarias. En Galicia, sobre todo trala reforma do monacato do s XVI, os grandes mosteiros fixéronse con numerosas granxas que estaban rexidas por un prior ou por un encargado. A constitución deste tipo de establecementos non só permitiu cultivar terras ata aquel momento improdutivas, senón que potenciou a formación de pequenas vilas ou aldeas ao seu redor. Algunhas destas granxas chegaron a ter igrexa parroquial propia na que o párroco era designado polo mosteiro.
-
s
f
-
s
f
Establecemento en que se crían animais para a súa explotación comercial.
Ex: Ofrecéronlle un traballo nunha granxa de polos.