greta
greta
(< lat v crepta, de crepĭta)
-
s
f
Abertura longa e estreita que se produce nun corpo sólido.
Ex: A trabe ten unha greta e vai acabar rompendo.
Sinónimos: degreta, fenda, greza, laña, laño, regaña, físgoa. -
s
f
[PAT]
Pequena fisura producida na epiderme e na parte superficial da derme, especialmente nas mans, nos beizos, nos peitos e no ano.
Sinónimos: degreta, greza, laña. -
s
f
[PINT]
Fisura perpendicular á superficie pitórica que se produce pola rotura dunha ou máis capas de verniz, de cor ou de preparación.
Sinónimos: greza. -
s
f
[XEOG]
Abertura longa e estreita producida en masas compactas, rochosas ou doutro tipo, como glaciares e solos.
Sinónimos: greza.