grílido -da

grílido -da

(< lat científico Gryllus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos grílidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos grílidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos ortópteros de antenas longas e setáceas, os machos con aparato estridulador nos élitros, que presentan unha porción ancha e plana formada polo campo axilar e distal, e outra lateral formada polo marxinal e adaptados á forma do abdome, e as femias cun longo oviscapto cilíndrico. Son saltadores, con tarsos de 2 ou 3 artellos, e con ás algúns deles.

Palabras veciñas

2 grilar | grileira | grileiro -ra | grílido -da | grillado -da | grillante | grillón