Griselda
Griselda
[ONOM]
Antropónimo feminino probablemente de orixe xermánica, a partir de *grisja ‘gris’ e *hildjo- ‘batalla, combate’. É o nome da protagonista dunha lenda medieval italiana, que Boccaccio incluíu no Decameron e que no s XVIII foi fonte de inspiración para diversas óperas. A súa festividade celébrase o 21 de outubro.