Grito Popular

Grito Popular
[PUBLIC]

Periódico compostelán, voceiro do Centro Republicano local, editado entre 1892 e 1893 baixo a dirección do tipógrafo federal José C. Otero. Polémico cos liberais-monteristas e a curia católica, sufriu a prohibición arcebispal propagada desde todos os púlpitos de Compostela, logo de publicar un artigo do anarquista Anselmo Lorenzo onde se puña en cuestión a infalibilidade papal. Moi influído polas correntes obreiristas, publicou a comezos de 1893 retrincos da obra de Carlos Marx O Capital, a xeito de folletín.

Palabras veciñas

gritar | grito | Grito del pueblo, El | Grito Popular | Gritti, Andrea | Grivas, Georgios | Grixalba