grosularia
grosularia
(< lat científicogrossularĭa ‘grosella’)
s
f
[MINERAL]
Silicato de aluminio e de calcio, de formula Ca3Al2(SiO4)3. Pertence ao grupo dos granates, que cristaliza no sistema cúbico en cristais rombododecaédricos ou trapezoédricos. É de cor branca e pode presentar distintas tonalidades, desde o crema ao ocre, cando presenta impurezas. É transparente con brillo vítreo, moi duro, presenta unha dureza de 6-7,5, e peso específico 3,6. Localízase en zonas de contacto metamórficas en calcarias impuras.