grotesco -ca
grotesco -ca
(< ital grottesco)
-
adx
Que provoca risa por ridículo ou extravagante.
Ex: O seu mal gusto no vestir fai del un personaxe grotesco.
-
s
m
[ARTE]
Motivos ornamentais caprichosos, pitóricos, cerámicos ou de estuco que se xeneralizaron desde Italia a partir do s XVI. Normalmente, constan de elementos arquitectónicos, mesturados con figuras e motivos vexetais estilizados, todo estruturado nunha estudada superposición, semellantes aos atopados na Domus Aurea de Nerón en Roma. Foron un recurso moi empregado no Renacemento e no manierismo, tamén en Flandres, Alemaña e Francia, onde entroncou co rococó do s XVIII.