guanina

guanina
Nome científico: [2-amino-6-hidroxipurina:C<sub> 5</sub> H<sub> 5</sub> N<sub> 5</sub> O]
s f [BIOQ]

Base púrica que contén un grupo guanidínico. É unha das catro bases nitroxenadas que entran na constitución dos nucleótidos que forman parte da estrutura dos ácidos nucleicos (ADN e ARN). Interveñen en reaccións metabólicas de transferencia de enerxía ou grupos fosfato. Nas secuencias nucleotídicas represéntase pola letra G.

Palabras veciñas

Guangxi Zhuang | guanidina | guanilato | guanina | guano | guanosina | Guantánamo