Guía dos Libros Novos
Guía dos Libros Novos
[PUBLIC]
Periódico mensual de carácter literario editado por Noroeste Edicións SL en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1998. Dirixido por Xavier R. Madriñán, conta coa colaboración de destacados intelectuais relacionados coa historia, a antropoloxía, a filosofía, a educación, a arte, a relixión, a economía, a comunicación, a tecnoloxía, a lingua e a literatura. Céntrase principalmente en ofrecer recensións sobre as novas publicacións que xorden en Galicia. Despois dun breve período de interrupción en 2002, tivo unha segunda época, a partir de xullo de 2003.