gurkha*

gurkha*
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos gurkhas.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo gurkha.

  3. s [ETN/HIST]

    Pobo indo-afgano de relixión hindú que habita en Nepal, a carón do Himalaia. Establecéronse alí no s XVIII e constituíron unha caste guerreira que dominou o país. Avanzaron cara ao Tibet a comezos do s XIX, pero a reacción chinesa obrigounos a buscar a axuda dos ingleses para contelos. Sometidos polos británicos no s XIX, incorporáronse ao seu imperio colonial. A partir dese momento, proporcionaron tropas mercenarias de elite ao Reino Unido e posteriormente integraron corpos especiais de defensa en Singapur e Hong Kong.