Gutiérrez
Gutiérrez
[ONOM]
Apelido patronímico procedente da forma castelá do nome Guterre, adaptación medieval do nome francés Gautier. De orixe xermánica, este antropónimo masculino ten a súa orixe en walthari ou waldhari (wald-/walt ‘goberno’, de waltan ‘dominar, gobernar’ + hari ‘exército, pobo guerreiro’).