1 h

1 h
  1. s m [ESCR]

    Oitava letra do alfabeto galego, denominada hache.

  2. s m [FILOL/LING]

    Grafía sen valor fonético que se mantén na escrita, tanto en posición prenuclear (horta, prohibir, exhalar) como posnuclear (eh). Ademais forma parte dos dígrafos ch (chave) e nh (unha), e, en casos especiais, de gh (gheada) e kh (khan). O h latino provén graficamente das escrituras gregas orientais e occidentais, que escribían a aspiración en forma de eta grega clásica (<η>, en minúscula, e <Η>, en maiúscula). Chegou ao latín, pero a través de certos alfabetos itálicos. Os casos en que se escribe responden á existencia do mesmo signo ou ben a unha aspiración (espírito áspero en grego) nas palabras orixinais respectivas (hóspede < HŎSPĬTE, home < HŎMĬNE, harmonía < HARMONIA, haber < HABĒRE, horta < HORTA), coa excepción dalgúns casos de non reposición como España (< HĬSPANĬA), Xoán (< hebreo JOHANNES) ou inverno (< HĪBĔRNU); en cambio ortográfanse sen palabras como ermida, ermo, irmán, ombro, orfo, óso ou ovo, que non o tiñan en latín e que por diversas causas o tiveron en distintas épocas do idioma. O tamén se pode empregar como representación gráfica do son aspirado [Ó], próximo á gheada, dalgúns estranxeirismos (hippy, hall).

Palabras veciñas

Gyromitra | Gyroporus | gyttja* | 1 h | 2 h | | H