habanera
habanera
(< cast habanera)
s
f
[MÚS]
Danza e canción de aire crioulo antillano, de ritmo lento e compás de 6/8. Adoita estar acompañada de diferentes instrumentos de percusión. Sebastián Iradier escribiu moitas habaneras de tipo popular, como La Paloma e El arreglito. Foi adaptada á Península Ibérica desde mediados do s XIX. Celébranse festivais de habaneras en diferentes lugares da Costa Brava e en Torrevieja. Incorporárona á música culta Saint-Saéns, Bizet, Albéniz e Montsalvatge.