habilidade
habilidade
(< lat habĭlitāte)
-
s
f
Capacidade que ten unha persoa para facer ben algo.
Ex: Manexa os monicreques con moita habilidade.
Sinónimos: habelencia. Confrontacións: maña. -
s
f
Cousa feita con graza ou destreza.
Ex: Fixo moitas habilidades no trapecio.
-
s
f
Acción que implica un certo grao de intelixencia e enxeño para a súa realización.
Ex: É sorprendente a habilidade dos nenos de agora.
Refráns
- A boa madeira quere o bo oficial.
- Cada un espirra como pode.
- Cada un varre como pode e como sabe.
- Leva en todo un ten con ten e todo che sairá ben.
- Na comunidade non luzas a túa habilidade.
- O demo coxo inda ás veces corre máis que outro.
- O fillo do.gato mata o rato.
- Quen ten arte, alcanza unha parte; quen ten arte e modo, alcánzao todo.
- Se queres vivir ben, leva en todo un ten con ten.
- Un bo ten-con-tén para todo está ben.